Daniel Rodas Chapela
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1961 (62/63 anos) Moaña, España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Bloque Nacionalista Galego |
Daniel Rodas Chapela, nado en Moaña en 1961, é un político galego do BNG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Cursou estudos de enxeñaría. É funcionario da Consellería de Pesca. Concelleiro en Moaña dende ano 2003 e foi deputado provincial na Deputación de Pontevedra (2007-2011). É membro do Consello Comarcal do BNG do Morrazo. O 26 de marzo de 2013 tomou posesión como deputado do Parlamento de Galicia en substitución de Carlos Aymerich.
Nas Eleccións xerais de España de abril de 2019 foi candidato suplente na lista do BNG ao Congreso dos Deputados pola Provincia de Pontevedra,[1] repetindo na convocatoria electoral de novembro do mesmo ano.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Candidatura por Pontevedra". BNG - Bloque Nacionalista Galego. Arquivado dende o orixinal o 31/03/2019. Consultado o 9/3/2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha no Parlamento de Galicia Arquivado 14 de setembro de 2015 en Wayback Machine.
- ´Todavía no hemos decidido si dejaré el cargo de concejal para ir al Parlamento´ Faro de Vigo, 20/3/2013 (en castelán).